14 Ago 2015 O CONCELLO DE TOMIÑO E A CÂMARA DE VILANOVA DE CERVEIRA PARTICIPAN NAS “OLIMPIADAS INTERXENERACIONAIS 2015”

O Concello de Tomiño e a Câmara de Vilanova de Cerveira participan de xeito conxunto nas “Olimpiadas interxeneracionais 2015”. A actividade forma parte do programa europeo Erasmus + no que ambos concellos particpan de forma activa.
Ás Xornadas Interxeneracionais acudirán Tomiño e Cerveira de xeito conxunto e participarán nas modalidades deportivas de fútbol, natación, atletismo, baloncesto e xogos tracionais (petanca, xogo da corda, bolos celtas, etc).
O equipo está formado por unha treintena de veciños e veciñas de ambos concellos. O 80% do equipo está formado por persoas de máis de 60 anos que son entrenados por xoves deportistas.
As olimpiadas celebraranse do 6 ao 11 de setembro en Vilanova de Cerveira onde se darán cita equipos formados por concellos fronteirizos de Francia, España e Portugal.
O proxecto “Eventos Europeos sen fins lucrativos no ámbito da Semana Europea do Deporte 2015” do que forma parte estas olimpiadas, aposta pola transnacionalidade e interxenracionalidade. As modalidades deportivas son todas universais así como os xogos tradicionais que favorecen os aspectos pedagóxicos da actividade.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca a importancia da “práctica do deporte sen fronteiras, sen idade e sen xénero predefinidos”. Segundo González, esta actividade “favorece a cohesión de grupos sociais grazas a actividade física e contribue a adquisición de competencias con dimensión europea”.



X