Prata e Ouro para o Spartan Team de Tomiño no campionato galego de Kick Boxing celebrado este pasado sábado en Miño (A Coruña) Dende a Concellería de Deportes, Ismael Troncoso, quere facerlles chegar aos dous deportistas unha sincera aperta e felicitarlles polo seu salientable e duro traballo

Prata e Ouro para o Spartan Team de Tomiño no campionato galego de Kick Boxing celebrado este pasado sábado en Miño (A Coruña).

Uxía Gavieiro fíxose coa medalla de prata na modalidade de Kick Boxing, categoria -56kg., nun excelente combate, que puxo en dificultades ao xulgado encargado da declarala gañadora.

Pola súa banda, Charly López que, despois de clasificarse nos cuartos e na semifinal, disputaba a final dos -71kg. tamén na modalidade de Kick Boxing, conseguíu a victoria no seu combate, proclamándose Campión Galego.

Dende a Concellería de Deportes, Ismael Troncoso, quere facerlles chegar aos dous deportistas unha sincera aperta e felicitarlles polo seu salientable e duro traballo.