EMPREGO: 2º PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO 2º PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, NO CONCELLO DE TOMIÑO:

Os candidatos deben ser persoas que na data en que a Oficina de emprego de Tui realice a correspondente sondaxe, deben figurar como desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e similares); e estar inscritas nalgunhas das seguintes profesións:

• 12 Peóns da horticultura, xardinería. 95121019 (80)
• 4 Peóns da construción de edificios. 96021013 (80)
• 2 Oficiais 1ª albanel. 71211015 Carné B (40) Titulación: Graduado escolar/ESO ou superior.
• 2 Pintores. 72311035 Carné B (50)
• 2 Carpinteiros en xeral. 71311049 Carné B (50)
• 1 Condutor-operador de retroescavadora. 83311174 Carné C1 (50)
• 2 Instaladores electricistas en xeral (1 Oficial 2ª e 1 axudante). 75101033 (50 e 70) Carné B o oficial. Titulación: Ciclo Medio Instalacións eléctricas e automáticas, Técnico auxiliar electricista ou superior.
• 1 Mecánico do automóvil en xeral. 74011119 Carné B (50)
• 1 Soldador de estruturas metálicas lixeiras. 73121051 (70)
• 1 Tractorista-manipulador agrícola. 83211032 Carné C (50)
• 1 Empregado administrativo en xeral, nesta oferta será requisito para acceder ao proceso de selección que os candidatos sexan persoas discapacitadas, co fin de fomentar o emprego destas persoas. 43091029 (70) Titulación: Ciclo Medio Xestión administrativa, Técnico auxiliar administrativo ou superior.
• 1 Técnico administrativo en xeral. 36131039 (40) Titulación: Ciclo Superior Administración e finanzas, Secretariado ou Técnico especialista administrativo e comercial.

 

Tomiño, 5 outubro de 2015



X