Trinta empresas daranse cita na 13ª Mostra de Cultivos, en Goián os días 2 e 3 de abril, con grandes novidades no sector da planta ornamental

A mostra, que chega este ano a súa décimo terceira edición, celebrarase os días 2 e 3 de abril en Goián

O pavillón polideportivo albergará a unha trintena de produtores de planta artesanal, horta, floricultura e empresas auxiliares do sector

Trinta empresas do sector dos viveiros, horta e flor e produtos auxiliares do campo daranse cita na décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, os días sábado 2 e domingo 3 de abril.

Como vén sendo habitual, o pavillón polideportivo de Goián será o espazo que albergará a feira, organizada por Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño) coa colaboración do Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra.

Esta 13ª edición presenta entre as súas novidades, a presenza de tres empresas lusas que, por primeira vez cruzan a fronteira para participar na mostra tomiñesa de cultivos, encarnando o espírito de cooperación existente nas rexións fronteirizas de España e Portugal, tanto no ámbito público coma empresarial.

Trátase concretamente dos viveiros Raíz da Terra, de Vila Praia de Áncora; Casanova Jardins, de Viana do Castelo, e Verdeneiva Comercio de Flores, de Alvaraes.

Por outra banda, a mostra de cultivos terá unha xornada de marcado carácter técnico, o sábado, con charlas e relatorios, así coma unha demostración das novidades en flor cortada e innovación no sector, a cargo de Acubam.

O domingo será unha xornada máis lúdica, con exposicións de arte, de proxectos educativos escolares e concertos (xuntamos programa).

O programa completo das actividades pode consultarse na seguinte ligazón:

folleto tríptico(1)

3. CARTEL Andrea Pousa en Concierto & Bruxo Queiman (Copy)

cartel mostra de cultivos (1)

cartel mostra de cultivos (1)