A Agrupación Musical de Goián actúa en concerto este sábado en Santiago de Compostela, dentro do ciclo Música no Camiño

Dentro do programa Música no Camiño, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música e a Xunta, a Agrupación Musical de Goián actuará mañá, sábado 3 de xuño, en Santiago de Compostela, baixo a dirección de Pedro Villarroel González.

O programa que ofrecerá a banda goianesa é o seguinte:

Pusiano……………………………..Simón Couceiro
Our Kingsland spring……………Samuel R. Hazo
Os sons da Atlantida ……………Ángel A. Montes
Cantares do pobo ………………..Anibal Carricoba
La Alegría de la Huerta ………..Federico Chueca
Tango for a Toreador ……………….H. C. Snijders
Second suite (1º e 3º mov) ……………Alfred Reed
Ponteareas ………………………Reveriano Soutullo
Pepa……………………………………….José Oro Val
Namoriqueira ……………………….José Carracedo

A Agrupación Musical de Goián é a banda encargada de abrir o ciclo Música no Camiño, no que lle seguirán:
4 xuño __Banda de Música de Cerdedo
10 xuño __Banda de Música Municipal de Valga
11 xuño __Banda de Música de Chapela
17 xuño __Banda de Música Isabel II de Touro
18 xuño __Banda de Música Lira de S. Miguel de Oia
24 xuño __Banda Municipal de Música de Viveiro
25 xuño __Banda de Cee
30 xuño __Banda Municipal de Padrón
1 xullo __Banda Unión Musical de Meaño

Santiago de Compostela. 2017
Todas as actuacións terán lugar na compostelana Praza de Praterías, a partir das 20.30 horas, e en caso de mal tempo, trasladarase á Hospedería do Seminario Maior.