A Agrupación Musical de Goián celebra este domingo o tradicional Concerto do Socio

O vindeiro domingo, 26 de marzo, ás 18.00 horas celebrarase no auditorio, oConcerto do Socio da Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González. Este ano, como novidade, tamén actuará a Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Goián.
Con este concerto, a banda quere agradecer o apoio que o Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián, as casas comerciais e todas as socias e socios, dan ao longo do ano, para que a súa actividade cultural poida desenvolverse.