15 Dec 2016 A Agrupación Musical de Goián celebra o Concerto de Nadal o domingo 18 de decembro ás seis da tarde

 

O vindeiro domingo 18, ás 18 horas, celebrarase no Auditorio de Goián o “Concerto de Nadal” que cada ano prepara a Agrupación Musical de Goián.

Neste concerto intervirá a gran maioría do alumnado da escola de música, dende os máis pequenos, de Xardín Musical, até os maiores,  pasando polo coro e as bandas de música nas súas tres categorías, dirixidas por Pedro Villarroel.

“Destacamos a colaboración do Concello de Tomiño e aproveitamos a ocasión para pedir a achega aos asistentes de 1Kg de alimentos para a colaboración solidaria con SOSTOMIÑO. Esperamos a xenerosidade de todos e agradecémosllo anticipadamente”, salientan dende a directiva da agrupación.

 

 



X