A Agrupación Musical de Goián dá a benvida ao Nadal co seu tradicional concerto no auditorio A actuación será o domingo 17 ás 18.00 horas. Os asistentes deberán entregar un quilo de alimentos que serán doados a SOS Tomiño

Aproxímase o Nadal é con el unha das actuacións máis especiais e máis esperadas do ano, o tradicional Concerto de Nadal da Agrupación Musical de Goián, que este ano da o pistoletazo de saída á programación deseñada polo concello de Tomiño para que os tomiñeses e tomiñesas gocen en familia destas datas. O concerto terá lugar o domingo 17 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio de Goián.

Como ven sendo habitual, neste concerto participará boa parte do alumnado da escola de música, dende os máis pequenos e pequenas de Xardín Musical ou Música e Movemento ata a banda infantil e a Agrupación Musical de Goián, cos músicos máis veteranos.

Aproveitando a ocasión, a organización pídelle ao público asistente que colabore doando un quilo de comida que se doará á entidade solidaria SOS Tomiño.