A Agrupación musical de Goián vén de estrear nova páxina web: www.bandadegoian.gal

A Agrupación musical de Goián vén de estrear a súa nova páxina web: www.bandadegoian.gal.
 
Despois de varios meses de traballo xa está online a web da Agrupación Musical de Goián: sinxela, elegante, accesible e completa con información sobre a banda e a escola de música, ademais dunha gran variedade de fotografías, videos e un blog.
Dende esta plataforma pódense consultar os próximos concertos e eventos da banda, ou solicitar o ingreso na escola de música, tendo en conta que ofrecen un mes de proba de balde.
Ademais, a través do menú “ASÓCIATE!”, a xente pode facerse socia ou socio e apoiar esta actividade cultural. Só se necesitan dous minutos para cubrir e enviar un pequeno formulario.
Para coñecer mellor esta banda e a súa escola de música, visitar a súa web: www.bandadegoian.gal.