14 Dec 2015 A Alcaldesa de Tomiño participa no 4º Seminario Territorio e Cidades do Norte Atlántico Ibérico.

O Seminario celebrouse onte na biblioteca de Viana de Castelo e contou coas interevencións de investigadores de Universidades portuguesas e do estado español.
O Seminario tiña como tema central o Desenvolvemento nas políticas urbanas e territoriais.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participou na mañá de onte no 4º Seminario Territorio e Cidades do Norte Atlántico Ibérico celebrado en Viana do Castelo.
O Seminario estaba organizado pola Câmara Municipal de Viana do Castelo e a Escola Superior Gallaecia e tiña como tema conductor o “desenvolvemento” como centro das políticas urbanas e territoriais en liña coas orientacións defenidads no programa “Portugal 2020”.
A Alcaldesa de Tomiño participou na mesa que tiña como temática a cooperación territorial e que estivo moderada polo vereador de Urbanismo da Câmara de Viana do Castelo, Luís Nobre, e no que tamén participaron o profesor da Universidade Nova de Lisboa, Miguel Amado, o profesor da Escola Superior Gallaecia, Rui Florentino, e o Presidente da Câmara de Viana do Castelo, José Maria Costa.
O seminario contou ademáis coas ponencias de investigadores galegos como Xose Lois Martínez, profesor da Universidade de A Coruña e de investigadores do estado español como Sónia de Gregorio Hurtado procedente da Universidade Poliltécnica de Madrid. O seminario contou na súa clausura coa intervención do Ministro de Medio Ambiente, Joâo Pedro Matos Fernandes.
A Alcaldesa, Sandra González, comentou que “as políticas de cooperación transfronteiriza que levamos xestionado entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, teñen despertado interese máis alá das nosas fronteiras e os traballos de compartillamento miñoto comezan a ser referenciados”. Segundo González, “Tomiño cada vez máis están sendo máis visibilizado fora dos lindes comarcais”.



X