A Alcaldesa de Tomiño participa no encontro “Falemos de mercados de futuro” celebrado na Cidade da Cultura.

O Concello de Tomiño ven de participar no encontro “Falemos de mercados de futuro” organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na Cidade da Cultura.

Tomiño participou en calidade de exemplo de intervención no mercado municipal. O vindeiro mes de decembro cumpriarase o primeiro aniversario da remodelación do mercado que ten destacado pola súa calidade.

O mercado de Tomiño foi un proxecto que contou coa participación de praceiros e usuarios e que neste curto periodo de tempo transformouse no motor comercial do Seixo.

No encontro “Falemos de mercados de futuro” a Alcaldesa participou xunto a xerente da Praza de Abastos de Santiago de Compostela, Marta Rey, do xerente da Federación de Mercados de Vigo, Delmiro Hermida, da xerente da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, María del Carmen Rodríguez, do vicepresidente da Federación Galega de Xoves Empresarios, Marcos Balboa e do Alcalde de Bande, Jose Antonio Armada expondo a experiencia do proxecto do mercado municipal.

A xornada serviu para coñecer diferentes traballos levados a cabo no eido das prazas de abastos de cara ao futuro Plan de Mercados Excelentes. Este programa servirá para distinguir os mercados que cumpran con determinados parámetros relacionados coa arquitectura, instalacións, accesibilidade, xestión e organización, actividade comercial, atención ao cliente ou servizos engadidos e mellora contínua.

Este Plan de Mercados Excelentes busca reforzar o emprendemento nas prazas e impulsar novos establecementos en mercados de baixa ocupación.

A Alcaldesa de Tomiño mostrou a súa satisfacción polos diferentes recoñecementos ao mercado do Seixo. Segundo González “seguimos traballando de cara a dinamizar o comercio e a que o mercado de Tomiño sigan sendo un exemplo de praza de abastos do futuro”.