A Alcaldesa de Tomiño participa no Seminario territorial da Área de cooperación Galicia-Norte de Portugal que serviu de presentación da primeira convocatoria dos proxectos Coopera 2020.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participou esta mañán no Seminario territorial organizado pola Área de cooperación Galicia-Norte de Portugal no que se presentaba a primeira convocatoria dos proxectos Coopera 2020.
O seminario serviu para informar sobre a normativa vixenta a hora de presentar as candidaturas a este programa europeo financiado con fondos Interreg (Fondos Europeos de Desarrollo Regional España-Portugal). A Alcaldesa puido coñecer de primeira man o regulamento do programa e intercambiar experiencias cos representantes doutros municipios acerca das candidaturas a presentar.
O Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira levan máis dun ano a traballar nun proxecto conxunto que presentarán a esta primeira convocatoria do programa Coopera 2020. A candidatura leva como proxecto central un espazo natural e de lecer conxunto que leva por nome “ parque transfronteirizo O Castelinho-Fortaleza”.
O proxecto será presentado por ambos concellos na vindeira semana e adiantarase as diferentes accións que inclúen proxecto.



X