A alcaldesa recibe aos nenos e nenas saharauis que están pasando o verán no Baixo Miño Sandra González entregoulles un regalo e insistiu na urxencia de buscar unha solución a extrema situación que vive o pobo saharaui

O salón de plenos do Concello de Tomiño acolleu onte pola mañá un emotivo acto que tivo como protagonistas ás oito nenas e nenos saharauis que están a pasar o verán no Baixo Miño e no Val Miñor grazas ao programa ‘Vacacións en paz’, organizado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. A alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, exerceron de anfitrioas. “Quero dar a benvida aos nenos e nenas, grazas pola visita. Tamén quero agradecer ás familias de acollida a súa xenerosidade”, asegurou a alcaldesa.

No acto tamén estivo presente Xosé Enrique Porto, delegado na zona da Asociación Galega co Pobo Saharaui, ao igual que a alcaldesa, quiso denunciar a situación “da última colonia de África. Alí os nenos están sen medicación e sen auga”. Insisten en que o goberno español actúe para rematar coa situación extrema do pobo saharaui. Esta asociación leva máis de trinta anos traendo a rapaces e rapazas saharauis a Galiza, ofrecéndolles unha familia de acollida, acceso a consultas médicas e tamén unha escapatoria o inferno que se vive no Sáhara no verán, onde as temperaturas ascenden aos 50 graos.

A alcaldesa, Sandra González, entregoulles un regalo ás nenas e nenos. O Concello de Tomiño colabora dende fai moitos anos aportando unha axuda económica destinada a esta iniciativa. “Tomiño sempre colabora con nós. É un Concello implicado na situación que vive o pobo saharaui

Xa está aberta a inscrición para todas as familias interesadas en acoller persoas saharauis o próximo verán.