A artista Gemma Marqués está a piques de rematar o mural sobre a muller – “Anónimas”- no campo de fútbol de Goián Segundo a autora, a experiencia está resultando moi interesante, a pesar do esforzo físico que supón e as condicións climatolóxicas adversas

A artista Gemma Marqués está a piques de rematar o mural sobre a muller – “Anónimas”- no campo de fútbol de Goián, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra. Estes días conta coa axuda de Miriam Alonso, unha moza da Guarda, que está a estudar Artes na escola Superior Galaecia de Vilanova de Cerveira . “A verdade é que está sendo unha experiencia moi interesante. Falo coa xente, pinto ao aire libre, invento a técnica e aprendo, ainda que está sendo duro fisicamente, polo esforzo que supón e a climatoloxía,ver cómo vai avanzando e cheando de cor o muro é enriquecedor”, coméntanos a pintora. O Comarcal da Voz de Galicia, fíxose eco da súa obra, igual que moitos outros medios de comunicación.