A asociación Albatros organiza o II Torneo de Xadrez Festas de Goián O certame, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, celebrarase o domingo 8 de xullo na Praza Pintor Antonio Fernández, a partir das 16.30 horas

O vindeiro domingo, 8 de xullo, a partir das 16.30 horas, a Praza Pintor Antonio Fernández (parroquia de Goián), acollerá a segunda edición do Torneo de Xadrez Festas de Goián, organizado pola Asociación Albatros de A Guarda, coa colaboración do Concello de Tomiño e Comisión de Festas Virxe dos Remedios e San Cristovo.

No certame, no que hai xa máis de 50 persoas inscritas, utilizarase o “Sistema Suizo” (7 roldas con 15 minutos por xogador), e haberá diferentes categorías: prebenxamí­n, benxamí­n, aleví­ns, infantí­s e adultos.

A inscripción é totalmente gratuita, podéndose incorporar xogadores ata as 16.00 horas no lugar do torneo, cun número máximo de 100 participantes.

As partidas comezarán ás 16.30 horas. Durante o torneo darase  unha peza de froita e bebida.

Entregaranse trofeos e ao remate do torneo sortearanse varios balóns asinados por un deportista coñecido e un dron.

Máis información e inscricións: www.xadrezalbatros.com