A Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio celebra o seu 25 Aniversario cun festival folclórico no Seixo

 

O vindeiro día 26 de xullo, a Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio, de Tomiño, celebra no marco do seu 25 Aniversario, un festival folclórico e unha feira de artesanía, no centro urbano do Seixo.

A mostra de artesanía abrirase ao público arredor das 11 da mañá, con máis de 30 artesáns; ademais haberá exposición de arte, obradoiros (decoración de galletas, demostración con torno de madeira a cargo do artesán gaiteiro José Nebra), gastronomía e inchables durante todo o día,
Contarán con música tanto pola maná coma pola tarde (Treboada OS DA FONTE DO FRADE; o TREBON DOS XIDOS e o grupo de gaitas ALGARADA.
Sobre as nove da noite, iniciarase un pequeno desfile dos grupos participantes no festival, e haberá unha actuación sorpresa e sorteos.