A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño celebra una xornada informativa para captación de socios, este luns pola tarde na Casa da Cultura de Tomiño

Este luns, 21 de marzo, entre as 19.30 e 21.30 horas, na Casa da Cultura de Tomiño, a Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño celebra una xornada informativa para captación de socios con respecto á estratexia local participativa do novo Programa Leader Galicia 2016-2020.

A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño é a entidade responsable da elaboración da Estratexia Local Participativa para o novo Leader no territorio da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e Baixo Miño.

Lembramos que o pasado 2 de marzo foron publicadas no DOGA as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada pola U.E.



X