13 Mai 2016 A Asociación Deportiva Tomiño organiza o I Torneo Infantil “Día das Letras Galegas 2016-Manuel María”

A competición celebrarase o vindeiro martes, 17 de maio, no Campo da Carballa

Coincidindo coa festividade do Día das Letras Galegas, a AD Tomiño en colaboración co Concello, organiza un torneo de fútbol amigable, categoría infantil.

A competición contará coa participación dos equipos infantís Erizana CF, Gondomar FB, Sporting Guardés, CF Oiense, UD A Guía, ED Val Miñor, Racing Vilariño e os anfitrións, AD Tomiño.

Os encontros comezarán a disputarse ás 9.30 horas e se estenderán ata as 21.00. Os equipos dividiranse en varios grupos, pasando os primeiros clasificados de cada un, ás roldas eliminatorias.

Jacobo Vázquez, coordinador deportivo da asociación, convida a afeccionados e público en xeral a aproveitar a xornada festiva para compartir co mellor fútbol base, e amosar deste xeito, que o deporte tamén ten cabida na celebración das Letras Galegas.

Contacto para máis información:

Jacobo Vázquez 650 60 18 26.

comunicacion.adtomino@gmail.com



X