As asociacións veciñais e culturais de Tomiño colaboran co Concello no Nadal Solidario 2014-2015

Até o 15 de decembro hai tempo para doar xoguetes e alimentos non perecedoiros

 

As asociacións veciñais e culturais de Tomiño colaboran coas concellerías de Cultura e Benestar Social do Concello de Tomiño, no Nadal Solidario 2014-2015. O prazo de recollida de xoguetes, libros e alimentos non perecedoiros abriuse onte e permanecerá así até o día 15 de decembro.

Os xoguetes non bélicos e libros de lectura serán distribuidos a través dos Servizos Sociais do Concello, entre persoas demandantes desta prestación social.

Os alimentos non perecedoiros serán distribuídos a través de SOS Tomiño, entre as persoas usuarias desta entidade.

Colaboran as asociacións de veciños/as de Amorín, Pinzás, O Árbol, Os Medos, San Salvador de Sobrada, San Miguel de Taborda, Forcadela, Goián, Rego da Salgosa; de Mulleres Maraghozo e Mulleres Rurais; Centro de Figueiró, cultural Escola Virxe do Alivio e Alecrín, de Carregal; Paso a Paso, ADETO, Banco de Tapóns, Escola Infantil Galiña Azul e Comparsa Ciklon.