A Aula CeMIT abre unha nova convocatoria para obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX)

A Aula CeMIT de Tomiño abre unha nova convocatoria para poder obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX).

O vindeiro 16 de novembro, en diferentes aulas CeMIT galegas, entre eles a de Tomiño, e da Guarda, vaise celebrar un exame para poder obter o citado título.

Esta convocatoria está aberta todas aquelas persoas que, ben pola súa experiencia, ou pola súa formación (cursos, academias, autoformación, etc.), xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática», baixo o paquete de Libre Office.

Por outra banda, na aula CeMIT de Tomiño estanse a celebrar cursos para axudar ás persoas que o precisen, a obter o devandito certificado.

Para máis información, acceder ao enlace https://cemit.xunta.gal/gl/node/6490, chamar ao teléfono 986623304, enviar un email a cemit.tomino@xunta.gal , ou pasar pola aula, sita no parque do Campo da Feira no seguinte horario: luns, mércores e venres, de 9.30 a 14.00 horas, e martes e xoves, de 19.15 a 20.30.