06 Set 2017 A Aula CeMit impartirá un obradoiro de smartphones e tablets para persoas maiores O horario cambia con respecto ao verán. A partir de agora, será de mañá, de luns a venres, de 9.15 a 14.15, e de tarde, martes e xoves, de 19.00 a 21.00

O horario de atención ao público da Aula CeMit de Tomiño, a cambia a partir de setembro, con respecto ao verán. A partir de agora será de mañá, de luns a venres de 9.15 a 14.15 horas, e de tarde martes e xoves, de 19.00 a 21.00 horas.

Asemade, a mediados de setembro, comezará unha serie de cursos de balde, relacionados ca ofimática, nos que se tratarán temas, coma o uso de procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos e presentacións. Estes cursos están orientados á realización, en novembro, da proba para a obtención do certificado oficial da Xunta en competencias dixitais de ofimática.

Por outra banda, o martes 10 de outubro ás 11:00h, terá lugar un obradoiro práctico de smartphones/tabletas para persoas maiores. Estes talleres, cunha duración de entre 90 e 120 minutos, estarán impartidos por persoal dependente da empresa “Orange”, pero non é necesario ser cliente desta operadora nin ser propietario de ningún terminal para poder acudir aos mesmos. O obxectivo principal, segundo o concelleiro delegado Antonio Tartaglione, é ensinar as pautas básicas do funcionamento do móbil, para facer a súa experiencia máis doada, con maior autonomía e familiaridade coa tecnoloxía móbil.

As persoas interesadas en coñecer máis a fondo as actividades e servizo da Aula CeMIT de Tomiño, poden visitala no Campo da Feira; chamar ao número 986623304 ou escribir un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal



X