A Aula CeMIT de Tomiño participa na campaña “Faite dixit@l”

Entre os cursos impartidos figuran varios relacionados con aplicacións móbiles, estratexias de márketing on line, identidade dixital, etc.

A Aula CeMIT de Tomiño participará a partir do 22 de setembro na campaña “Faite dixit@l”, organizada pola AMTEGA, e da que forman parte unha serie de accións e actividades de capacitación dixital no ámbito da sociedade da información a desenvolver no segundo semestre deste ano nas aulas CeMIT.

Dentro deste proxecto desenvolveranse 6 cursos a través de videoconferencia con contidos medio-avanzados e abertos para todos os cidadáns. As actividades versarán sobre os seguintes contidos: “Configuración de dispositivos e programación de aplicacións móbiles”, “Ferramentas Web 2.0”, “Estratexias de marketing online, correo electrónico e venda a través de internet”, “Identidade dixital e servizos telemáticos de administración electrónica”.

Os cursos realizaranse por videoconferencia en sesións diarias dunhas 4 horas de duración, excepto os venres que se adicarán a titorías.

Na aula de Tomiño o horario dos cursos será de 10 a 14 horas. Os cursos teñen un limite máximo de 10 prazas e un mínimo de 5.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir ou recibir máis información, pódense por en contacto co responsable da aula tomiñesa, Daniel Ozores, achegándose á mesma, sita no Campo da Feira; a través do correo cemit.tomino@xunta.es ou no teléfono 986623304.

Máis información en http://cemit.xunta.es/node/5992