26 Mai A aula museo Antonio Fernández abre as súas portas no verán
A aula museo Antonio Fernández, situada na parroquia de Goián, abre as súas portas no verán.
Durante os meses de xullo e agosto a instalación estará aberta os días venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.
Os días sábados tamén estará aberta en horario de mañá.
A instalación alberga en varias salas obxectos e documentos relativos á vida e profesión do gran pintor e filántropo goianés, moitos deles donados por veciños e amigos da familia.