A Aula-Museo Antonio Fernández “fala” de Historia da Arte, os venres de xullo e agosto O programa inclúe ademais visitas a cinco artistas da zona. Todas as actividades son de balde

A Aula Pintor Antonio Fernández, de Goián, imparte unha ampla serie de actividades de verán gratuitas  e relacionadas todas elas coas artes.

Todos os venres de xullo e agosto pola mañá (de 10.30 a 11.30 horas), impartirá clases de Historia da Arte facendo un percorrido polas distintas épocas e movementos comprendidos entre a Prehistoria e a Idade Contemporánea. O programa inclúe, ademais, visitas aos obradoiros de cinco artistas da zona. Todas as actividades son de balde e algunhas requiren inscripción previa.

 

Actividades para adultos

Historia da Arte (Os venres de 10:30 a 11:30h)

  • Introducción a Historia da Arte. Concepto e Evolución. A Prehistoria
  • A Arte en Exipto e Mesopotamia
  • Arte Grega e Romana
  • A Arte na Idade Media
  • A Arte do Renacemento
  • Arte Barroca e Rococó
  • O Neoclacisismo
  • A Arte na Idade Contemporánea

Actividades para todas as idades

Ruta Artes&Oficios (Os xoves ás 20:00h)

  • Pintura – Eulalia Jackson (6 de xullo)
  • Cerámica – Leandro (20 de xuño)
  • Escultura – Magín Picallo (3 de agosto)
  • Fundición Arte Bronce e Galría de Arte a+b (17 de agosto)
  • Escultura – Carlos Fernández (31 de agosto)

Importante: Os/as menores de 15 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable