A comunidade educativa de Goián publica un libro con case 400 alcumes recollidos a través dun amplo traballo de investigación

DSC_0426_1024x681

 

Durante o curso 2012-2013 o CEIP Pintor Antonio Fernández participou no concurso que leva a cabo a Fundación Antón Fraguas, co proxecto ” Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial” , resultando premiado na modalidade de Ensino Primario.

A raíz deste proxecto e deste premio, o alumnado e profesorado do centro realizou diversas actividades e traballos de investigación sobre a historia, a fala, os oficios, a toponimia da zona… que foron expostos no Museo do Pobo Galego en Santiago.

DSC_0425_1024x681

Unha vez finalizada a mesma, prantéxase a idea de publicar un libro didáctico con todo o material recompilado e as actividades realizadas polo alumnado. Un grupo de cinco profesores/as do centro embarcáronse nesta aventura; e despois de moitas horas de traballo e reunións, hoxe sae á luz este libro didáctico, coa idea de que sexa de interese e utilidade para todo o mundo.

Non se pode esquecer que esta realidade, é posible grazas ao esforzo e colaboración de moitas persoas, especialmente das familias do alumnado, dos veciños e veciñas de Goián, Figueiró e Vila Nova de Cerveira e de moitas persoas que compartiron os seus saberes, así como da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Tomiño, entidades que apostaron pola divulgación deste proxecto.

DSC_0433_1024x681

A presentación deste interesante traballo tivo lugar na noite do venres, 12 de decembro, no Centro Goianés. Presentaron o libro, Mirta Misa, directora do Ceip de Goián; Uxío Benítez, concelleiro de Patrimonio e veciño goianés; Diamantino Vale Costa, cronista de Vila Nova de Cerveira, e Jose Antonio Viña Arias, “Tonecho”, profesor de Primaria implicado tamén no proxecto de investigación. Explicaron a orixe do traballo e agradeceron a colaboración recibida por parte dos veciños e vec

iñas, institucións, etc.

DSC_0418_1024x681

DSC_0429_1024x681

DSC_0420_1024x681

DSC_0422_1024x681