29 Nov 2016 A Comunidade Terapéutica Alborada, de Tomiño, organiza o seu sétimo concurso de fotografía

  • O prazo de recepción de traballos, cun máximo de tres por persoa, permanecerá aberto até o día 14 de decembro de 2016

AAsociación Cidadán de Loita contra a Droga ACLAD  Alborada, con sede na parroquia tomiñesa de Piñeiro, organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Servizo Galego de Saúde, o VII Concurso de Fotografía, co obxectivo de promover e difundir o recoñecemento da creatividade na arte da fotografía, entre as persoas usuarias da asociación.

O tema das fotografías presentadas a concurso será “Emociones” e cada traballo deberá levar un título que garde relación coa foto. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, inéditas e orixinais non publicadas noutros medios de comunicación e non premiadas anteriormente.

Establécense tres premios, realizados de xeito artesanal no taller de carpintaría ca Comunidade Terapéutica Alborada.

O prazo de presentación das obras permanecerá aberto até o 14 de decembro de 2016. Os traballos deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo concursoalborada@gmail.com, co asunto “VII Concurso Fotográfico Alborada”.

 

Para máis información ou consulta das bases completas é recomendable porse en contacto coa Educadora Social, Inés Sancho, no teléfono 986 63 34 03.

 

Triptico Concurso fotos en pdf



X