A concelleira de Cultura e Deportes de Tomiño inaugurou a I Edición Feitoclásica no pavillón polideportivo de Sobrada

Concello Tomiño I Feitoclásica 2 Concello Tomiño I Feitoclásica 3

A mostra, aberta ata o vindeiro domingo, 27 de xullo, ofrece unha importante selección de vehículos clásicos e recambios
Este mediodía, a concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Tomiño, Cristina Martínez, inaugurou a “I Edición Feitoclásica” (Feira Tomiñesa de Clásicos), organizada pola Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño organiza, en colaboración co Concello de Tomiño, no pavillón polideportivo da parroquia de Sobrada.

A mostra, que reúne unha importante cantidade de vehículos clásicos, ofrece tamén a posibilidade de atopar recambios antigos nun mercadiño anexo.

No acto de inauguración, acompañaron á concelleira de Deportes, José Besada Fernández, presidente da Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño.

Entre as novidades que presenta a primeira Feitoclásica, que permanecerá aberta ata o vindeiro domingo, atópase un coche único en el mundo, un Renault Frères, de 1914 (o primeiro coche con matrícula de Pontevedra) así coma outros modelos antigos de diferentes marcas. Asemade, hai unha exposición de tractores de colección, chegados de Ponferrada, que constitúe outra das atraccións para nenos e adultos.

A Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño, con sede en Tomiño, pero de ámbito rexional, nacional e internacional, leva funcionando ininterrompidamente desde o ano 2000, cumprindo os obxectivos de traballar por e para os vehículos históricos.

Concello Tomiño I Feitoclásica 4