Aberto o prazo de inscrición da escola da Agrupación Musical de Goián para o curso 2016/2017

As clases terán lugar no Auditorio de Goián, recentemente reformado, para dotalo de aulas e espazos específicos

Cartel

A escola de música da Agrupación Musical de Goián vén de abrir o prazo para inscribirse no curso académico 2016/2017.

As clases desenvolveranse no Auditorio de Goián recentemente reformado co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e reestruturación de espazos específicos.

O próximo día 16 ás 20:00 h., celebrarase unha reunión informativa no propio auditorio co fin de informar sobre os cursos e horarios, así como para esclarecer as posibles dúbidas.

O curso 2016/2017 iniciarase oficialmente o 19 de setembro. O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo bandagoián@yahoo.es, ou ben, chamando ao 626 799 623.

A inscrición tamén pode realizarse despois do inicio do curso. En calquera caso, o primeiro mes será gratuíto para as novas incorporacións.

 

A oferta educativa deste ano, coma xa vén sendo habitual, é ampla, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias; concretamente:

XARDÍN MUSICAL (a partir de 3 anos)

MÚSICA E MOVEMENTO

LINGUAXE MUSICAL

SOLFEXO PARA ADULTOS

VIOLONCELLO

PERCUSIÓN

VENTO MADEIRA: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot

VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

Ademais, conta con varios grupos adaptados ás necesidades e as preferencias de cada alumno:

BANDA INFANTIL

BANDA XUVENIL

CORO