A Escola Obradoiro de Goián acollerá un curso de prevención de riscos laborais para desempregados A duración é de 60 horas e a inscrición é de balde

O Concello de Tomiño e a Fundación Laboral da Construcción organizan do 6 ao 23 de agosto un curso gratuito básico de prevención de riscos laboráis na Escola Obradoiro de Goián. Celebrarase pola mañá en horario de 9 a 14.00 horas e está dirixido preferentemente a persoas desempregadas do municipio. A duración do curso será de 60 horas e está recoñecido polas empresas do sector do metal. Os interesados poden facer as súas inscricións gratuitamente na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ou chamando ao teléfono 986622001/2/3.