A Mostra de Cultivos do Baixo Miño recibe a visita da Conselleira de Medio Rural

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño recibiu na mañan de onte a visita da Conselleira de Medio Rural e Pesca, Rosa Quintana. A visita serviu para presentar a Conselleira as Mostra de Cultivos, os membros do sector, e explicarlle as necesidades do sector.
De entre as peticións que realizaron os empresarios viveiristas destaca por riba de todo a parcelaria, un asunto de enorme importancia para o sector e do que depende o crecemento da producción de planta ornamental.
A Conselleira puido coñecer de primeira man a importancia do sector no seo da comarca e apreciar o escaparate que un ano máis mostrou a Feira.
A Mostra de Cultivos do Baixo Miño está organizada polo Concello de Tomiño e ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño)quen volveu cumplir cos seus obxectivos e contou con máis de 10.000 persoas que non quixeron perderse a feira.
Na xornada de onte á exposición de máis de 30 stands, sumouse a demostración de tallado de madeira con motoserra e a actuación de Burafanda teatro. Ademáis obradoiros de comida saudable, celebración do día da auga coa solta de palomas mensaxeiras e animación ao longo de todo o día.
A Alcaldesa de Tomiño, agradeceu “a visita da Conselleira que cumpriu así coa visita que debía a Tomiño e coa que se compremetera na nosa recente visita a Consellería. Agardamos seguir traballando conxuntamente para que o sector do viveirismo poida continuar a súa andaina de xeito natural e que o crecemento productivo de Tomiño non se vexa interrompido pola falta de políticas activas que miren polo agro miñoto”.