A obra “O tolleito de Inishmaan” estréase no Concello de Tomiño Mañá, domingo 15 de outubro á tarde terá lugar no Auditorio de Goián a representación

A compañía teatral Contraproducións baixo a dirección do reputado Cándido Pazó, escenificará esta obra de Martin McDonagh apta para tódolos públicos. Os coñecidos e coñecidas Evaristo Calvo, Ana Santos, Ricardo de Barreiro, María Roja, Luis Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans serán os actores e actrices que darán vida aos personaxes desta exitosa produción.

Ambientada nos anos 30 dunha pequena illa irlandesa, e cun protagonista desfavorecido que persigue acadar os seus soños, “O tolleito de Inishmaan” é unha obra atrapante e cativadora que xa cosechou moi boas opinións nas críticas de expertos/as.

A actuación teatral, comezará ás 18:00 h e ten custe de 3 €, e está enmarcada dentro da programación do mes de outubro do Outono Cultural, coa que o Concello de Tomiño continúa apoiando un ano máis o crecemento e a difusión de actividades culturais para toda a familia. O programa, comezou o pasado fin de semana coa celebración dun concerto infantil e continuará cun teatro/musical a finais de mes, para rematar en novembro con máis actuacións de índole teatral, musical xunto con exposicións pictóricas e fotográficas.