A OMIX brinda a oportunidade de aprender idiomas na súa programación de Outono

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza varios cursos de idiomas nos que a mocidade tomiñesa ten preferencia de inscrición. A uns prezos reducidos, as persoas interesadas poderán inscribirse nos cursos de francés básico, e tres niveis de portugués: básico, intermedio I e intermedio II.

Para poder inscribirse, basta con encher o formulario de inscrición correspondente, dispoñible na seguinte ligazón: https://tomino.gal/gl/cursos-outono-2016/

Máis información chamando á OMIX 986 622 001, ou escribindo a omix@tomino.gal