A OMIX convoca un ano máis un concurso de deseño de camisetas para o Día das Letras Galegas

CONCURSO DESEÑO CAMISETA LETRAS GALEGAS 2017.

Queres compartir connosco a túa creatividade e ver o teu deseño na nosa vindeira camiseta?

CONVIDÁMOSTE A PARTICIPAR NO NOSO CONCURSO para celebrar o día das letras galegas un ano máis. O deseño é libre e aberto pero terá que ver coa lingua galega. Valorarase un deseño atractivo, inspirado e relacionado coa promoción e posta en valor do galego.

O deseño estará destinado únicamente á  parte dianteira da camiseta, que será de cor branca. Debe incluir unha cor como máximo.

A PERSOA GAÑADORA RECIBIRÁ UNHA MENCIÓN NAS REDES E NA PRENSA e dúas camisetas.

Anímate!!!

Na foto: deseño gañador do ano 2016.