24 Feb 2017 A Policía Local realizará cortes en varias rúas céntricas por mor do “Venres de Foliada”

A celebración do desfile de Entroido “Venres de Foliada 2017”, que se celebra mañá, venres 24 de febreiro, obrigará á Policía Local de Tomiño a pechar o paso e estacionamento de vehículos en varias rúas céntricas da vila.

Concretamente, as rúas que sufrirán restriccións dende as 16.00 hs. do venres, até as 01.30 do sábado (25 de febreiro), serán República Arxentina, A Guarda e Gondomar.

Asemade, a partir das 21.30 horas do venres, procederase ao peche do tránsito de vehículos polo centro urbano, debendo utilizarse os desvíos habilitados.

 

aviso estacionamento venres foliada 2017 Tomiño.

 

Plano venres foliada Tomiño 2017.



X