19 Ago 2016 O Seixo acolle este fin de semana o festival solidario “I Gass or Grass”, con exposición de coches e motos clásicas, concertos en vivo e diferentes probas

A Praza do Seixo acolle este fin de semana o “I Gass or Grass”, con exposición de coches e motos clásicas, de carácter solidario.

Haberá tamén mostra de construtores de motos, mercadiño de pezas de segunda man e venda de produtos relacionados coa temática do evento.

A instalación de postos é gratis igual que a inscrición, pero se pedirá aos participantes colaboración con alimentos non perecedoiros, que se destinarán a unha entidade benéfica da zona.

Asemade haberá actividades complementarias e concertos en vivo de varios grupos (Los Pontiaks, Kings of the Beach, You Dog, etc.).

Os concertos nocturnos serán o sábado, así como a acampada, no Campo do Alivio, mentres que os concertos sesión vermú terán lugar o domingo no Seixo, a partir das 12 do mediodía.

Paralelamente ás mostras, o sábado pola tarde celebrarase unha proba de “Dirt Track” no terreo anexo ao Centro Social de Estás.

Organiza o colectivo Galician Ryder coa colaboración do Concello.

 



X