A presidenta da Deputación inaugurou, xunto á alcaldesa Sandra González, a exposición MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO

A asociación Adavas organizó un acto conmemorativo na Praza do Seixo

20160308_173723_2064x1161

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presidíu hoxe os actos organizados polo Concello de Tomiño co gallo do Día Internacional da Muller. Acompañada pola concelleira de Igualdade, Digna Rivas, e a alcaldes ade Tomiño, Sandra González, a mandataria provincial inaugurou a exposición MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO; unha mostra que reinvindica a igualdade de xénero, financiada pola Deputación e na que participan dez artistas galegas.

Paula Cabaleiro, coordinadora do proxecto, foi a encargada de explicar as claves da mostra, inaugurada no mes de febreiro no Museo de Pontevedra, e na que participaron dez concellos galegos, entre eles, o de Tomiño, representado pola artista Laura Piñeiro, coa súa obra “Estratexias para o desvelo”.

Día da Muller 4

A alcaldesa Sandra González, pola súa banda, agradeceu á presidenta da Deputación por elixir a localidade tomiñesa neste día tan importante para as mulleres, e referiuse a ela coma “unha persoa que fai vunha política de visibilización da muller na súa actividade cotiá, polo que é un orgullo para mín tela aquí hoxe”.

Día da Muller 5

A rexedora local, por outra parte, referiuse a desigualdade que aínda persiste entre home e muller, no campo laboral, social, da educación, etc., e lembrou as dúas mulleres asasinadas recentemente en Honduras cando viaxaban xuntas, e as refuxiadas “que atopan as portas do mundo pechadas”.

“Necesitamos facer políticas en feminino, na que a muller sexa visibilizada en todos os espazos públicos”, sinalou González.

Carmela Silva foi a encargada de pechar o acto, por pedido da alcaldesa (xesto que agradeceu especialmente). Explicou que a elección de Tomiño para celebrar o día e inaugurar a exposición, respondíu ao feito de que está dirixido por unha muller. “Aínda somo invisibles no mundo da política, da cultura, e estamos aquí para reinvindicar o no so espazo”, afirmou Carmela Silva.

Día da Muller 3

Finalmente, falou unha das artistas da mostra, a italiana Mónica Mura -autora dunha pequena instalación de pétalos de flores- en representación das súas compañeiras.

Logo das intervencións, a coordinadora da exposición realizou unha visita guiada para todos os participantes.

As celebracións remataron cun acto conmemorativo, organizado pola asociación Adavas Baixo Miño, ás cinco da tarde na Praza do Seixo, coa colaboración de Adeixa Dance School e do Concello, con danza da man de Mariana Mota e lectura pública dun poema.

DSC_0028 (Copy)

 

A exposición

Artistas como Carme Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de dar corpo a “Mulleres en acción: violencia zero”. Os resultados das súas performances poderán verse a partir de hoxe e durante todo o mes de marzo en Tomiño. Seguiranlle en abril Lalín, en maio Tui, en xuño Moaña, en xullo Redondela, en agosto Vilagarcía de Arousa, en setembro Cangas, en outubro Caldas e en novembro Vigo.

DSC_0003 (Copy)