A programación cultural Tomiño Humor, remata este sábado co espectáculo de Federico Pérez

A obra “Federico está porque tiña que haber de todo” será levada á escena o sábado 19 de marzo no Auditorio de Goián

A programación cultural Tomiño Humor organizada polo Concello de Tomiño, chega ao seu fin este sábado, 19 de marzo, da mán de Federico Pérez, e a súa obra “Federico está porque tiña que haber de todo”.

A programación comezara o 5 de marzo, co espectáculo de Carlos Blanco e Celso San Martín “Man a man”, unha proposta do multifacético actor e presentador, e continuou co monólogo de Cándido Pazó, “Como cho conto”, o 12 de marzo.

A derradeira cita cultural do “Tomiño humor” celebrarase coma as anteriores no Auditorio de Goián, ás 22h00, poidéndose mercar as entradas en taquilla a partir das 21h00, ao prezo de 3€.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explicou que “ao longo deste ano organizaremos diversos ciclos. Comezamos polo do humor co monólogo como formato principal, pero estamos a traballar xa en ciclos de música e cine.”

 



X