A programación de teatro “Outono Cultural” chega ao seu fin con máis 400 espectadores.

O “Outono Cultural” está chegando ao seu fin e este domingo celebrarase na Casa da Cultura o último espectaculo teatral. A programación cultural péchase da man da Compañía Malasombra formada polos actores Xoque Carbajal, Jouse García e Patricia Rodríguez.
Máis de 400 espectadores asistiron a este ciclo de teatro e disfrutaron de espectáculos de calidade como a obra “filosofando” representada por Xavier Deive e Luis Iglesias e que contou co guión e dirección de Avelino González.
Tamén pasaron por Tomiño Migallas Teatro e a Compañía Fulano, Mengano e Citano con “Top manta”.
Os domingos de teatro chegan ao seu fin. A seguinte programación cultural estará adicada ao Nadal e contará con actividades para toda a familia.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, agradeceu “a boa acollida entre o público desta programación cultural co teatro como protagonista.” A Concelleira de Cultura adiantou que “ dende o departamento de Cultura estamos a traballar no vindeiro calendario cultural que terá o Nadal como epicentro. Será unha progamación pensada nos máis pequenos da casa pero da que os adultos tamén se poderán beneficiar”.



X