31 Mar 2017 A Semana da Saúde de Tomiño centra a súa mirada na maternidade e na infancia

A actividade comeza o día 5 de abril coa conferencia “Muller e saúde na maternidade: como xestionar o corpo e a emoción durante o parto”, a cargo de Nuria Peláez Rodríguez, fisioterapeuta especialista en terapias manuais e no período perinatal

 

“Muller e saúde na maternidade: como xestionar o corpo e a emoción durante o parto”, será a primeira das conferencias programadas polo Concello de Tomiño, dentro da Semana da Saúde 2017, que comeza o vindeiro mércores 5 de abril, na Casa da Cultura.

Este obradoiro práctico orientado a mulleres embarazadas está deseñado co obxectivo de adquirir ferramentas facilitadoras do parto a través do bo uso do noso corpo, a nosa emoción e a nosa respiración. Nuria Peláez Rodríguez, fisioterapeuta especialista en terapias manuais, será a encargada de impartir a charla, o mércores 5 de abril, de 20.00 a 21.30h, na Casa da Cultura.

 

Ela mesma, dirixirá ao día seguinte (xoves 6, de 19.00 a 20.30h) o obradoiro “Saúde na etapa infantil: conciencia corporal, respiración e relaxación”, con actividades individuais e grupais para aprender a sentarse, mellorar a autoestima e o coñecemento corporal, etc. Poderán asistir a este obradoiro nenos e nenas a partir dos 6 anos de idade, acompañados polos seus papás e/ou mamás, se así o desexan.

 

A semana rematará o venres 7 de abril, coa conferencia “Recomendacións para un aleitamento materno exitoso”, a cargo dunha matrona experta (Carla Estévez,) en como conseguir un bo aleitamento e posibles dificultades. Casa da Cultura, de 19.30 a 20.30h.

 

Para pechar a actividade deste ano 2017,Laura Muinelo, doutora e investigadora de ONCOMET (GRUPO DE ONCOLOXÍA MÉDICA TRASLACIONAL) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, está desenvolvendo unha campaña de biopsia líquida, a través de micromecenado.

A  biopsia líquida é máis rápida e menos invasora que as outras, analizando tumores a través de extracción de sangue. Será de 20.30 a 21.30h. na Casa da Cultura.

 

 

 



X