A vía que enlaza o campo de fútbol da Estoca e que segue a canle do río Cereixo está sendo arranxada nestes días.

A vía que enlaza o campo de fútbol da Estoca en Santa María de Tebra está sendo arranxada nestos días. A pista, que conecta o campo de fútbol da Estoca, é unha zona moi transitada non só nas citas deportivas senón polos veciños e veciñas xa que conecta a estrada xeral con núcleos residenciais e con fincas de labradío.
A obra supón a colocación dun muro que servirá de sustentación do viario e da canalización do regato próximo ao río Cereixo. A intervención solventará os problemas de afundimentos no firme e permitirá o uso continuado da vía. As obras están sendo levadas a cabo polo Confederación Hidrográficas do Miño-Sil e calcúlase que a vindeira semana estarán rematas.
O Concelleiro de Obras, Francisco Campo, comentou “a necesidade de acometer este obra antes do inicio do inverno xa que é unha zona que sofre de afundamentos do firme”. Segundo Campo, “esta vía é un paso frecuente non só para as citas deportivas senón para os veciños e veciñas de Tebra”.