12 Abr 2016 A Xunta de Galicia pon a disposición das asociacións espazos para realizar xornadas e campamentos

PRECISAS DUN ESPAZO PARA REALIZAR XORNADAS DE CONVIVENCIA, CAMPAMENTOS, SEMINARIOS…? Accede á oferta concertada da Xunta!
Poderán solicitar o uso das instalacións:
1. As asociacións xuvenís as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
3. As corporacións locais.
4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
5. Grupos de mozos e mozas non asociados/as que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.



X