Aberta a matrícula até o día 30 de setembro para asistir a un curso de “Xestión de explotacións agrarias” organizado por acuBam

acuBam formación

acuBam organiza o curso “Xestión de explotacións agrarias” a petición de varios dos seus socios, e polo mesmo dirixido aos profesionais do sector agrario da comarca.

Durante 40 horas, do 7 ao 18 de novembro, impartiranse coñecementos técnicos en materia de xestión, control e cálculo de custes, estrutura de balance, etc.

O curso será impartido por unha excelente profesional da materia con máis de 20 anos de experiencia na xestión de explotacións.

O lugar de celebración será a aula da Oficina de Extensión Agraria do Rosal, situada na Praza do Calvario do Concello do Rosal, en horario de 16 a 20 h.

A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 30 de setembro, a través do mail acubamtecnico@gmail.com ou o teléfono 670 206 776 (José Collazo).

O custe do curso será financiado pola Consellería do Medio Rural.

Para máis información contactar coa organización:

http://www.acubam.org/contacto/