Aberta ao público a exposición Rutas Artes e Oficios 2017 na Aula-Museo Antonio Fernández A mostra permanecerá aberta este sábado e domingo, de 19.00 a 21.00h e logo das festas de Goián, todos os venres de xullo e agosto, de 10.00 a 14.00 horas

Dende onte podemos ver a exposición Rutas Artes e Oficios 2017 en Goián. Aproveitando as festas parroquiais, propoñemos un percorrido polas obras e biografía d@s artistas Eulalia Jackson, Leandro, Magín Picallo, Fundición Arte Bronce e Carlos Fernández.
Para todos os públicos, na Aula Museo Antonio Fernández (Goián) e con entrada de balde.
A mostra permanecerá aberta este sábado e domingo, de 19.00 a 21.00h e logo das festas, todos os venres de xullo e agosto, de 10.00 a 14.00h.



X