Aberto o prazo de inscrición para o IV Campus de Fútbol de Verán 2014

Folla Inscrición Campus Fútbol Tomiño 2014Folla Inscrición Campus Fútbol Tomiño 2014Folla Inscrición Campus Fútbol Tomiño 2014A cuarta edición comezará o día 14 de xullo nos campos de fútbol da Carballa e Goián

A Concellaría De Deportes vén de abri o prazo de inscrición do IV Campus de Fútbol de Verán 2014 Concello de Tomiño, que se celebrará entre os días 14 e 26 de xullo, nos campos municipais de fútbol de A Carballa e Regatiño de Goián.

A actividade, na que o ano pasado apuntáronse máis de 200 participantes, está dirixida a nenos e nenas de 4 a 16 anos e será impartida de luns a venres, de 10.00 a 13.30 horas.

Os participantes recibirán clases teórico-prácticas e xogarán partidos durante as dúas semanas que dura o campus. Ademais, coma novidade, este ano haberá unha parte formativa, con charlas e Máster Class de recoñecidos futbolistas, e outra de diversión, con animación infantil.

As persoas interesadas teñen tempo de apuntarse ata o vindeiro día 27 de xuño, xa que as prazas son limitadas. O custe da actividade será, coma o ano anterior, de 55 euros para rapaces e rapazas de Tomiño, e de 65 para os doutros concellos.

O prezo inclúe dúas equipacións, bocadillos e bebida a diario, contemplándose redución de prezos para familias con máis dun participante ou con escasos recursos.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono da Concellaría de Deportes: 986 622 003.

Folla Inscrición Campus Fútbol Tomiño 2014

pulsa aquí descargar folla de inscrición