Aberto o prazo para inscribirse nas DEPOrte Escolas 2016. Balonmán, piragüismo, fútbol, patinaxe e judo son as disciplinas que se imparten en Tomiño

DEPOrte Escolas 2016

As DEPOrte Escolas é un novo programa, totalmente gratuíto, destinado a vós, nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñades a posibilidade de vos iniciar no voso deporte preferido.

A única condición que tendes que cumprir para a inscrición é ter entre 5 e 15 anos e ter moitas ganas de practicar deporte.

A partir do 5 de setembro podedes inscribirvos nas modalidades deportivas das DEPOrte Escolas, que para este curso 2016-2017 serán:

balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto

Consulta que disciplinas tes no teu Concello. Tamén tes a posibilidade de inscribirte en escolas doutros municipios.

Podes descargar o formulario de inscrición e entregalo en deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do ORAL.

Se queres practicar outra disciplina que non estea incluída nas DEPOrte Escolas, por favor faino constar na folla de inscrición. Se xuntamos máis de 15 persoas interesadas en practicar esa disciplina no mesmo Concello poderíase abrir unha nova DEPOrte Escola.