Aberto o prazo para votar polo nome do instituto de ensino secundario de Tomiño

O día luns 3 de outubro ábrese o prazo para recibir propostas para que a comunidade escolar e os habitantes de Tomiño participen, democraticamente, na escolla dun nome para o IES (a denominación oficial actual é IES Tomiño).

A recollida de propostas farase no propio instituto, puidendo igualmente achegarse as votacións á Casa do Concello. Esta fase (recollida de propostas) será entre os días 3 e 18 de outubro.

O proceso rematará o 31 do mesmo mes, cando o consello escolar proceda a escrutar o resultado das votacións. O plan estará supervisado por un comité de selección, integrado polo director do instituto, Carlos Villanueva; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e os expertos Albino Prada (doutor en economía do Foro Económico de Galicia), Daniel Pino (urbanista e sociólogo), Zara Pousa (secretaria da Fundación Xavier Pousa) e María Alonso (Premio Nacional de Traducción).

O proceso popular do bautizo é unha iniciativa pioneira, incluída no programa Educación da boa, posto en marcha no curso pasado entre o Concello e o centro educativo, coa finalidade de promocionar o instituto e un ensino público de calidade.

As bases completas para participar poden consultarse na seguinte ligazón:

Bases bautizo instituto

Formulario-papel (1)




X