AcuBam organiza unha nova charla sobre Innovación Empresarial en colaboración co Concello de Tomiño

A segunda reunión de Inno-Tomiño (Proxecto de Innovación Empresarial) terá lugar o vindeiro día 23 de xaneiro ás 17.00 horas na Casa da Cultura, e estará a cargo dun profesor de Economía Aplicada da Complutense

AcuBam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), organiza en colaboración do Concello de Tomiño, unha charla sobre innovación empresarial, a cargo de Roberto Carballo, profesor de Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid e líder de Aldebarán Innovation.

Trátase da segunda reunión do proxecto “Inno-Tomiño”. Proxecto de Innovación Empresarial, e terá lugar o vindeiro martes 23 de xaneiro ás 17.00 horas, na Casa da Cultura tomiñesa.

Esta nova xornada de formación prográmase coma actividade previa á Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que ten lugar todos os anos no mes de abril.