O mozo tomiñés Adrián Millán Figueroa proclámase campión de tiro con arco na Liga Galega 3D de Bosque Dende a Concellería de Deportes fan chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e polo seu esforzo constante

Adrián Millán Figueroa é un mozo tomiñés que dende hai un par de anos compite a nivel galego na modalidade deportiva de tiro con arco Sub/14, cos mellores resultados. Neste verán participou na 3ª tirada da liga galega 3D de bosque, que se celebrou na comarca coruñesa de Oza-Cesures, o pasado 28 de xullo, proclamándose campión, ao obter 291 puntos; 27 máis que o segundo concursante.

No que vai de ano resultou xa 1º clasificado en As Somozas (A Coruña) no CAMPIONATO GALEGO DE SALA; 1º clasificado en Valadouro (Lugo) no TROFEO FEDERACION XUNTA DE GALICIA, ao aire libre; 1º clasificado en SILLEDA, na categoría BOSQUE 3D; e 1º clasificado en A Devesa (Pontevedra), no CAMPIONATO GALEGO AO AIRE LIBRE.

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso quere facer chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e polo seu esforzo e constante afán de superación, que lle permiten estar hoxe entre os primeiros arqueiros galegos da súa categoría.