Agrudebam (Asociación Deportiva Baixo Miño) estreará mañá, venres 10 de marzo, a nova pista de atletismo que o Concello vén de construír para desfrute do alumnado e veciñanza en xeral

Agrudebam (Asociación Deportiva Baixo Miño) estreará mañá, venres 10 de marzo, a nova pista de atletismo que o Concello vén de construír con apoio da Deputación (Plan Concellos).

As probas realizaranse a partir das dez e media da mañá, na nova pista , situada xunto ao patio do CEP Pedro Caselles Beltrán, coa participación de alumnado de 5º curso de Primaria de diferentes centros. As probas nas que participarán son as seguintes: 60m Lisos, 500m Lisos, Lanzamento de Vórtex, Salto de Lonxitude, Lanzamento de peso de 2kg, Relevo 4×60 m.

Nos minutos previos á competición, celebrarase un pequeno acto de inauguración das pistas de uso compartido (CEP Pedro Caselles polas mañás, e particulares polas tardes).