18 Nov 2014 Aínda é tempo de apuntarse aos obradoiros de autoestima organizados polo Concello

As persoas que desexen participar poden inscribirse no Concello de forma presencial ou chamando por teléfono

Tomiño, 18 de novembro de 2014.- Aínda quedan prazas libres para os obradoiros de autoestima para mulleres, de caracter gratuito, organizados polo Concello de Tomiño, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Marila Ruiz, especialista en xénero será a encargada de impartir os talleres, nos que se traballarán condutas e pensamentos que permitan ás participantes na súa vida cotiá, defender ou reclamar os seus dereitos, sen agredir ni ser agredido.

Con este obradoiro trátase de ver desde o punto de vista das mulleres participantes como chegaron a unha situación persoal que non lles gusta, sen autoinculparse, e facendo un plan de transformación de aqueles aspectos das súas vidas que necesiten cambiar.

As mulleres que o desexen, aínda poden apuntarse nos obradoiros que comezarán a impartirse o vindeiro día 21 de novembro. Trátase do de Tomiño (Casa da Salgosa, 21, 28 de novembro e 5 de decembro, de 18 a 21 horas), e do de Estás (Centro Social, 2,3 e 4 de decembro, de 10 a 13 horas).

As interesadas en participar poden informarse e inscribirse na Casa do Concello (Praza do Seixo, 1) ou chamando por teléfono ao 986 622 001/03.

 



X